Hoxe non é un 19 de xaneiro como outro calquera, dende 1751 en Castro Caldelas levamos celebrando unha das festas con máis arraigo para todos os caldelaos e caldelás, A FESTA DOS FACHÓS!
Son 270 anos de tradición, de procesión e lume na honra do San Sebastián, de desgustar os chourizos e o viño novo, de esa emoción que che recorre o corpo cada vez que escoitas “Viva o San Sebastián” ou “Vivan os Fachós”, de amizade, de troula e de ledicia compartida cos milleiros de persoas que sempre nos acompañan.
Por primeira vez, os FACHÓS non alumearán a noite Caldelá “entre lusco e fusco” pero si estarán presentes no recordo e no corazón de cada un de nós.
Para recordar os momentos vividos o ano pasado hoxe facemos pública a resolución do “I concurso de fotografía da FESTA DOS FACHÓS” coas fotografías gañadoras.
NORABOA A TODOS OS PREMIADOS E GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACION! ESPERÁMOSVOS NA VINDEIRA EDICIÓN DA QUE EN BREVE PUBLICAREMOS AS BASES.
1º PREMIO. BRAIS LORENZO COUTO

2º PREMIO. PILAR CHAOS RODRÍGUEZ

MENCIÓNS.
JAVIER DIÉGUEZ LÓPEZ

PAMELA GARCÍA RAMIREZ

CESAR MERA PAZO

LAURA GONZÁLEZ MOVILLA

CARLOS VÁZQUEZ GONZÁLEZ

DAVID GONZÁLEZ GARCÍA

MARIA TERESA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

ANTONIO GARRIDO ÁLVAREZ

PREMIOS | PSEUDÓNIMO | TÍTULO FOTOGRAFÍA | AUTOR | PREMIO |
1º PREMIO | PONTINO FOREVER | ESFORZO | BRAIS LORENZO COUTO | 400 € |
2º PREMIO | CAMARA OSCURA | TRADICIÓNS | PILAR CHAOS RODRÍGUEZ | 150 € |
MENCIÓN | FRIDA BULEBULE | O AMOR | Mª TERESA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ | 30 € |
MENCIÓN | FACHÓN GRANDE | FACHÓN EXTREMO | JAVIER DIEGUEZ LÓPEZ | 30 € |
MENCIÓN | VIDMAN | A IGREXA DOS REMEDIOS ILUMINADA POLA LUMARADA | DAVID GONZÁLEZ GARCÍA | 30 € |
MENCIÓN | LUPITA | FACHOS_2 | CARLOS VÁZQUEZ GONZÁLEZ | 30 € |
MENCIÓN | PICCOLA PICCOLA CITTA | FOTO 1 | LAURA GONZÁLEZ MOVILLA | 30 € |
MENCIÓN | PEPILLO GRILLO | SÍMBOLOS DUNHA TERRA | CÉSAR MERA PAZO | 30 € |
MENCIÓN | KOALA | VULCANO | PAMELA GARCÍA RAMIREZ | 30 € |
MENCIÓN | COCOLISO | VALENTÍA | ANTONIO GARRIDO ÁLVAREZ | 30 € |