OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL – OMIX
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) é o departamento do Concello que presta servizos de atención á xuventude de Castro Caldelas.
Ten como funcións por en marcha os programas deseñados pola Concellería e realizar a labor de interlocución entre a administración local e os mozos e mozas de Caldelas.
Entre as súas funcións están informar acerca dos programas, actividades, cursos e convocatorias da Dirección Xeral de Xuventude, de convocatorias como “Iniciativa Xove” e outras actividades convocadas polas administracións públicas.
A OMIX é o órgano administrativo encargado de tramitar a participación en programas de campamentos para rapaces, intercambios, estadías noutros países, campos de traballo, roteiros, etc.
Para beneficiarse dos plans programados para a mocidade e as bonificacións establecidas, a Xunta de Galicia creou o Carné Xove, unha tarxeta persoal e intrasferible que acredita á mocidade de 12 a 30 anos.