Os concellos de Castro Caldelas e Montederramo promoveron o Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero “Somos Mulleres Caldelás” financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e cofinanciado pola UNIÓN EUROPEA.
Este programa contou con Asesoramento integral Xurídico, Psicolóxico e Laboral. Tamén se impartiron Aularios e obradoiros en materia de autoestima e saúde-coidado, economía rural con perspectiva de xénero e orientación laboral.
Os obxectivos do programa foron fomentar as habilidades laborais e persoais, as competencias, as capacidades e a autoestima das mulleres de caldelás.
O programa tivo gran aceptación, con un elevado número de usuarias que mostraron a súa satisfacción polos coñecementos adquiridos nas distintas actividades que lles axudaron na xestión das súas capacidades tanto a nivel profesional como persoal. Conseguiuse sensibilizar en igualdade, recoñecer as distintas violencias que se producen sobre as mulleres e nenas e os recursos para afrontalas, e recoñecemento dos factores sumatorios que se unen á violencia estructural e que tomaron concienia sobre o valor dos coidados invisibles. As usuarias terminaron os talleres con máis ánimo e máis conscientes do lugar fundamental que ocupan na sociedade.
Os servizos de psicoloxía e asesoramento xurídico foron moi demandados realizouse acompañamento en dous casos de violencia de xénero.