BENVIDO Á WEB DO CONCELLO DE CASTRO CALDELAS
A administración caldelana adáptase ás novas tecnoloxías coa posta en marcha dunha nova páxina web destinada a satisfacer as ansias de coñecemento dos ciuadanos e ademais, como complemento dos servizos para os usuarios.
O novo portal municipal supón unha nova oferta a través da cal os cidadáns poden acceder aos servizos prestados desde o consistorio, coa posta en marcha da administración electrónica dentro do programa de Concellos Dixitais.
Castro Caldelas forma parte do modelo global de atención ao cidadán prestado polo concello como complemento á atención presencial e telefónica das Oficinas de Atención ao Cidadán. Instrumentos que, en todos os casos, serven a un único propósito: establecer unha relación máis fluída e directa entre o concello e as persoas.
Animamos a todos os Navegantes da Rede trasládennos as súas suxestións e ideas, a comunicarnos os erros e a poder coñecer todas as posibilidades que presenta unha vila con historia e que tenta non perder o tren da modernidade.
A Alcaldesa.
Dña. Sara Inés Vega Núñez