Coñece As Nosas Adegas2018-10-18T22:42:19+00:00

COÑECE AS NOSAS ADEGAS

Castro Caldelas pertence a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Nas escarpadas ribeiras desta denominación cultívanse excelentes tintos como mencia, merenzao, brancellao ou sousón e brancos godello,  treixadura ou albariño.

Castro Caldelas é terra de moitos viñedos onde atopamos unha adega. Ponte da  Boga cunha situación privilexiada nunha paisaxe de gran beleza con ladeiras de difícil acceso e pequenas parcelas situadas en  escarpadas terrazas de pedra que fan que os seus viños sexan unha perfecta interpretación desta contorna e da viticultura heroica.

Ponte da Boga é unha centenaria adega situada no municipio de Castro Caldelas, na Ribeira Sacra ourensá. A viticultura  caldelana configúrase como unha paisaxe de morfoloxía pechada e beleza singular sobre un medio difícil e inestable.Un dos viñedos máis bonitos do mundo, gran descoñecido pola maioría dos visitantes.