AXENCIA DE EMPREGO E DESARROLLO LOCAL (AEDL)
Os Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local teñen como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.
O servizo ofrece os seguintes servizos:
- Prospección de recursos ociosos ou e infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego.
- Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradora, levando a cabo acciones de sensibilización para a promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
- Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira, e en xeral sobre os plans de lanzamento das empresas.
- Apoio aos promotores de empresas acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión e asistencia nos procesos formativos.
- Xestión e tramitación de subvencións e axudas.
Dirección: Rúa do Concello, 1, Planta baixa, Concello de Castro Caldelas
Teléfono: 988 20 30 00 (Ext. 6)
ORIENTACIÓN LABORAL
O Concello de Castro Caldelas agrupado con Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río forma parte dos Centro Colaboradores do Servizo Público de Emprego de Galicia en materia de Orientación Laboral.
O Servizo de Orientación Laboral está dirixido ás persoas en situación de desemprego ou en mellora de emprego que queiran incrementar e mellorar as condicións de acceso ao mercado laboral.
As accións que levan a cabo son:
- Diagnóstico Individualizado e elaboración do Perfil Profesional da persoa demandante de emprego.
- Deseño de Itinerarios Personalizados de Inserción ( IPI).
- Deseño, planificación e execución de accións grupales de Orientación Laboral.
- Asesoramento e axuda técnica para a definición do Curriculum Vitae e aplicación de técnicas de procura activa de emprego.
- Información e asesoramento sobre a situación do mercado laboral, a oferta formativa e de emprego.
- Apoio á xestión de Mobilidade Laboral.
Ligazóns de interese: http://emprego.xunta.gal / http://emprego.ceei.xunta.gal
Dirección: Rúa do Concello, nº1 – Castro Caldelas
Teléfono: 988 20 30 00 (Ext. 4)
E- mail: orientación.castrocaldelas@hotmail.com