O Castelo de Castro Caldelas
A fortaleza de Castro Caldelas sitúase na cima dun promontorio que domina todo o territorio de Terras de Caldelas, importante vía de comunicación. Pola propia denominación de castro estímase, como é frecuente en Galicia que o solar que ocupa a fortaleza fose o asentamento dalgunha aldea pre-romana. Hai constancia, por dúas necrópole megalíticas, da ocupación humana do territorio polo menos desde hai 4.500 anos.
Durante o período romano o solar de castelo foi ocupado por un campamento romano encargado de vixiar a importante calzada Vía XVIII que unía as cidades de Bracara Augusta (actual Braga en Portugal) con Asturica Augusta (actual cidade de Astorga en España) e que se cruzaba neste lugar coa que unía Aquae Flaviae (actual cidade Chaves en Portugal) e Lucus Augusti (actual Lugo).
No documento denominado Foro do Burgo, o documento máis antigo que se conserva escrito en galego, o rei Alfonso IX outorga foro aos habitantes da vila de Castro Caldelas. Entre os anos 1336 e 1343 Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos e Sarria, constrúe o castelo para defensa do seu
Pedro Fernández de Castro construíu a torre da homenaxe e as murallas da vila A Casa de Lemos perdeu o control do castelo durante a guerra entre Enrique de Trastámara e Pedro I pero volveu á Casa de Lemos mediante matrimonio.
A fortaleza tivo un papel relevante durante a Revolta Irmandiña, a maior revolta social do século XV en Europa que tivo lugar en Galicia entre os anos 1467 e 1469. As forzas Irmandiñas tomaron e destruíron parcialmente a fortaleza que defendía Pedro Álvarez Osorio I conde de Lemos. O conde castigo ao pobo para realizar a reconstrución dicíndolles “Vós tirástela e vós levantárdela” Tal foi o abuso realizado polo conde de Lemos que os habitantes de Castro Caldelas denunciárono ante a Audiencia de Valladolid, quen fallou a favor destes.
No ano 1560 termínase a reconstrución do castelo que xorde xa cun aire menos bélico, como palacio residencial.
En 1777 pasa a mans da Casa de Alba e en 1794 o señorío de Lemos incorpórase á devandita casa nobre ao morrer o X conde de Lemos, Joaquín López de Zúñiga Sotomayor e Castro, sen deixar descendencia.
No ano 1809 durante a Guerra da Independencia o xeneral francés Louissón incendia a vila e o castelo como represalia aos ataques que o seu exército recibía da guerrilla formada na comarca
Os Alba foron propietarios o castelo ata finais do século XX. Ata mediados do século XIX habitouno Sol Stuart, parente dos duques de Alba e en 1991 ou 1992 os duques de Alba cédeno en usufructo ao concello de Castro Candeas para uso cultural ou benéfico. o concello situou o a fortaleza un centro cultural que dá servizo a toda a comarca, consta de biblioteca, sala de conferencias, sala de exposicións e un museo etnográfico.