Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • A ruta
    • Mapa do percorrido
  • Sitios de interese
    • Castro Caldelas
    • Igrexa de Camba
    • Fonte de Piñeira
    • Capela de San Amaro
    • Pazo do Couto
    • San Paio de Abeleda
    • Igrexa de Santa Tecla
    • Reitoral de Poboeiros
    • Souto de Poboeiros
  • Idioma:
    • Castellano
    • Galego
    • English
ES GAL EN
Concello Castro Caldelas Los Pueblos Más Bonitos de España
  • A ruta
    • Mapa do percorrido
  • Sitios de interese
    • Castro Caldelas
    • Igrexa de Camba
    • Fonte de Piñeira
    • Capela de San Amaro
    • Pazo do Couto
    • San Paio de Abeleda
    • Igrexa de Santa Tecla
    • Reitoral de Poboeiros
    • Souto de Poboeiros
Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas
Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • Outras rutas
    • Ir á web do PR-G 237 - Miradoiro de Matacás
  • Castro Caldelas
    • Ir á web do Concello de Castro Caldelas
 

PR-G 213. Sitios de interese

Souto de Poboeiros
Concello Castro Caldelas Los Pueblos Más Bonitos de España

Souto de Poboeiros

Souto de Poboeiros:

O souto é un cultivo tradicional de castiñeiros para a obtención do seu froito e de madeira. Na comarca de Castro Caldelas, o de Poboeiros era famoso pola calidade de ambas. Con todo, a pesar de que o seu aproveitamento foi clave na vida económica destas aldeas, tras varias décadas sen utilización nin coidados a súa estrutura estase a perder, así coma a produción das súas excelentes castañas, que xa no se recollen.

Aquí aínda podemos atopar grandiosos exemplares de castiñeiros centenarios. Pasear entre eles devólvenos por un intre ao pasado, no que a recollida (chamada castañeira) tiña lugar durante todo o mes de outubro. As castañas collíanse (apañábanse) do chan, xa caídas da árbore, pero para iso era necesario ter o souto ben limpo. Hoxe en día, árbores novas e diferentes especies vexetais (sobre todo carballos) crecen entre os impoñentes castiñeiros que noutro tempo foron tan coidados.

Despois de recoller as castañas secábanse no sequeiro, construción de dúas plantas que se levantaba nos arredores do souto. As castañas entendíanse no piso superior (coñecido como canizo), e no inferior prendíase un lume cuxo fume producía a seca. Tratábase dun proceso moi laborioso que duraba uns quince días.

Por último, as castañas xa secas pisábanse a golpes, dentro dun saco, para quitarlles a casca. Este proceso aínda se recrea en festas tradicionais dalgunhas aldeas.

As castañas así tratadas, xa secas e limpas, podíanse gardar por moito tempo para o consumo humano e do gando. Antigamente, ademais, servían para o pago de impostos.

  • Vuelve á descrición da ruta.
INICIO RUTA   TRÍPTICO RUTA (castelán)

PR-G 213

Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas

Concello de Castro Caldelas

Ruta homologada no ano 2018

Track en formato GPX (sin waypoints)
Track en formato GPX (con waypoints)
A ruta en Wikiloc

Promotor da ruta: Concello Castro Caldelas

Deseño do trazado: Manuel Rolán Díaz

Deseño web: Bilurico Medio Ambiente

  • Concello Castro Caldelas
  • Concello Castro Caldelas
  • Los Pueblos Más Bonitos de España
  • Los Pueblos Más Bonitos de España
  • Xunta de Galicia
  • Xunta de Galicia
  • Deputación de Ourense
  • Deputación de Ourense
  • Marca Galicia
  • Marca Galicia
  • Consorcio de Turismo Ribeira Sacra
  • Consorcio de Turismo Ribeira Sacra
  • Federación Galega de Montañismo
  • Federación Galega de Montañismo