REHABILITACIÓN CENTRO HISTÓRICO DE CASTRO CALDELAS

A delimitación do ámbito da área conta con declaración de Ben de Interese Cultural con categoría de Conxunto Histórico, Plan Especial de Protección e Ordenación de Conxunto Histórico-Artístico de Castro Caldelas de 1995. A área de actuación presenta unha extensión duns 80.000 metros cadrados e inclúe a maior parte núcleo actual comprendido polo casco medieval, as inmediacións do Castelo, a Praza do Prado e o Núcleo do Toural, o resto do núcleo corresponde a crecementos máis recentes. O tipo de vivendas maioritario é o de edificación entre medianeiras que acolle unha soa vivenda alcanzando unha porcentaxe próxima ao 80% do total edificado. Esta condición acentúase especialmente na zona alta do centro histórico e nas inmediacións do castelo onde non existen vivendas de uso colectivo. En canto á súa tipoloxía máis do 80% son vivendas unifamiliares. Esta área foi declarada o 2 de marzo de 2007 e nela sitúanse 195 vivendas obxecto de rehabilitación. Nos que o Concello de Castro Caldelas coa colaboración dos organismos pertinentes, está a facilitar a súa rehabilitación como nos exemplos que se poñen a continuación promovidos polo Concello e nos que se demostra a mellora substancial tanto estética como de integridade e por suposto de uso.

 

Imaxes do antes e o despois dalgunha das rehabilitacións promovidas pola oficina de rehabilitación do centro histórico de Castro Caldelas:

 

PROXECTO 1:

   

 

PROXECTO 2:

      

 

PROXECTO 3:

     

 

By |2018-12-02T00:46:55+00:00October 16th, 2018|Axenda, Novas|0 Comments