Dentro da Programación de Semana Santa 2019 contamos coa actuación da compañía Sarabela Teatro presentando o PROXECTO NOEE, dirixido a público familiar.
O día 19 de abril ás 18:30 horas no Castelo de Castro Caldelas.
Tres pingüíns, o Diluvio universal e dous únicos boletos para a arca de Noé son os elementos desta historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente. Os pingüíns reflexionan sobre a existencia de Deus e sobre o valor da amizade: como facer para salvarse os tres cando só teñen dúas pasaxes? Cando está permitido e cando non romper as regras? Cales son os motivos que xustifican facelo?