Sendeiro Miradoiro de Matacás
  • A ruta
    • Mapa do percorrido
  • Sitios de interese
    • Castro Caldelas
    • Soutos e sequeiros
    • Viticultura heroica
    • Viticultura heroica
  • Outras rutas
    • Ir á web do PR-G 213 - Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • Castro Caldelas
    • Ir á web do Concello de Castro Caldelas
  • Idioma:
    • Castellano
    • Galego
    • English
ES GAL EN
Concello Castro Caldelas Los Pueblos Más Bonitos de España
  • A ruta
    • Mapa do percorrido
  • Sitios de interese
    • Castro Caldelas
    • Soutos e sequeiros
    • Viticultura heroica
Sendeiro Miradoiro de Matacás
Sendeiro Miradoiro de Matacás
  • Outras rutas
    • Ir á web do PR-G 213 - Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • Castro Caldelas
    • Ir á web do Concello de Castro Caldelas
PR-G 213 Sendeiro de Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas

PR-G 237 SENDEIRO DO MIRADOIRO DE MATACÁS

Concello Castro Caldelas Los Pueblos Más Bonitos de España

UNHA RUTA CON GRANDES VISTAS

O PR-G 237 é unha ruta circular que une o centro de Castro Caldelas co Miradoiro de As Penas de Matacás, onde se abre unha panorámica espectacular sobre o Canón do Sil que pon de manifesto o contraste entre as ladeiras boscosas de Ourense e os asollados viñedos en socalcos de Lugo.

O percorrido inclúe unha derivación ao Embarcadoiro de Abeleda, e ofrece o gran atractivo dos viñedos, soutos e aldeas de xisto negro de Paradela e Alais, a sobreira centenaria de Lugar de Arriba e as fermosas vistas ao val de Abeleda e aos bosques que rodean Castro Caldelas.

A ilustración mostra unha escena da vendima tradicional na Ribeira Sacra, na que o vendimador ía levando a colleita á adega nun cesto culeiro suxeito á cabeza e ás costas. Tes máis información sobre viticultura heroica de Castro Caldelas en Sitios de interese.

  • Descarga Track en formato GPX.
  • Descarga o tríptico da ruta en PDF (en castelán).

MAPA · INFORMACIÓN TÉCNICA

Pulsa sobre o mapa para ampliar

  • Fai clic aquí para ver o mapa máis grande.

RECOMENDACIÓNS

 
  • A ruta cruza estradas en varios puntos do percorrido. Mantén a precaución.
  • Non accedas ás construcións en ruínas que poidas atopar no camiño.
  • Respecta a contorna, a fauna e a flora. Goza do contacto coa natureza sen danala.
  • Respecta os bens privados (leiras, hortas, froitos e outros patrimonios).
  • Non fagas lume. Se ves un incendio, chama ao 085 (Aviso de Incendios Forestais).
  • Non tires lixo. Lévao e tírao aos colectores axeitados.
  • En caso de emerxencia, chama ao 112.

DATOS TÉCNICOS

 
  • Ruta circular (Castro Caldelas - Castro Caldelas)
  • Distancia ruta sen derivación: 16,5 km
  • Distancia derivación (embarcadoiro): 2,95 km
  • Distancia ruta completa: 19,45 km
  • Ascenso acumulado ruta completa: 1.141 m
  • Tempo estimado ruta completa: 7 horas

SINALIZACIÓN

 

Camiño marcado cos sinais das rutas de pequeno percorrido de Galicia (PR-G).

Dibujo de ratonero (Buteo buteo)

DESCRICIÓN DA RUTA

Un percorrido por soutos, viñedos e vistas panorámicas de Castro Caldelas

1. De Castro Caldelas ao Miradoiro de Matacás (por Celeirón)

O PR-G 237 coincide co PR-G 213 (Sendeiro dos Bosques Máxicos de Castro Caldelas) no centro urbano de Castro Caldelas. Atende á sinalización, que diferencia cada sendeiro coa súa correspondente baliza, para non confundir o percorrido.

Podes comezar a ruta camiño da aldea de Celeirón, punto de inflexión entre os bosques das ladeiras ensombrencidas e os viñedos en socalcos das ladeiras de solaina. Unha baixada de gran pendente atravesa os soutos e os seus sequeiros para despois remontar entre os viñedos, onde teremos vistas espectaculares sobre o val de Abeleda. Nesta parte tamén destacan as aldeas de xisto negro e a sobreira centenaria de Paradela. Antes do Miradoiro de Matacás, unha derivació n de ida e volta ata o Embarcadoiro de Abeleda ofrécenos grandes vistas a nivel do ríou Sil das Penas de Matacás, que se alzan sobre nós.

Na imaxe, baixada desde Castro Caldelas ata Celeirón polo Souto do Conde.

2. Do Miradoiro de Matacás a Castro Caldelas (pola paraxe de A Ruxidoira)

O Miradoiro de Matacás regálanos unha panorámica extraordinaria sobre o Cañón do Sil que, en días claros, pode abarcar varios quilómetros á redonda. Aquí, un estreito carreiro entre as picudas rocas que conforman As Penas de Matacás, en ocasións de formas caprichosas e outras xurdidas do chan como dentes de serra, encamíñanos cara ás pequenas aldeas desta parte agreste de Castro Caldelas.

Despois chegaremos a A Ruxidoira, unha zona de piñeirais aberta cara ao alto no que álzase maxestosa a vila de Castro Caldelas, coroada polo seu castelo e a Igrexa de Santa Isabel. Tamén teremos unhas vistas preciosas de todo o val esculpido polo río Edo, afluente do Sil.

Na imaxe, Miradoiro de As Penas de Matacás sobre o Cañón do río Sil (foto de Manuel Rolán Díaz).

O PERCORRIDO EN IMAXES

PR-G 237 - Ruinas de un antiguo sequeiro en el Souto do Conde, entre Castro Caldelas y Celeirón
PR-G 237 - Vivienda de pizarra en Celeirón
PR-G 237 - Viñedos en terrazas de Celeirón
PR-G 237 - Viñedos en terrazas y árboles frutales teñidos con los colores ocres del otoño en la Ribeira Sacra (Castro Caldelas - Ourense)
PR-G 237 - Mecanización de la vendimia en la viticultura heroica de la Ribeira Sacra: carril para el transporte de las cajas hasta la bodega
PR-G 237 - Valle del río Edo (Castro Caldelas, Ourense), con sus bosques en las laderas de umbría y viñedos en las de solana, a finales del verano
PR-G 237 - Pequeño lagar de pizarra construido en los viñedos en terrazas de las empinadas laderas de Celeirón (Castro Caldelas, Ribeira Sacra, Ourense)
PR-G 237 - Gran alcornoque centenario, con el grueso tronco lleno de surcos y grietas, de Lugar de Arriba (Paradela, Castro Caldelas, Ourense)
PR-G 237 - Vistas de las escarpadas crestas de las Penas de Matacás desde la derivación al Embarcadero de Abeleda, a nivel del río Sil
PR-G 237 - Embarcaderos de Abeleda en el río Sil, con varios barcos de pequeño tamaño amarrados a las plataformas. Al fondo, viñedos en terrazas de Doade, en el lado lucense del río
PR-G 237 - Vistas panorámicas desde el Mirador de Matacás (Castro Caldelas) sobre el Cañón del río Sil, que separa las laderas de Ourense (bosques en umbría) y de Lugo (viñedos en solana), en un brumoso día invernal
PR-G 237 - Una senderista recorre el camino por el pinar del paraje de A Ruxidoira, cerca de Castro Caldelas
PR-G 237 - Estaca de continuidad del Sendero do Miradoiro de Matacás, pintada con las franjas blanca y amarilla de los Senderos de Pequeño Recorrido de Galicia (PR-G)
PR-G 237 - Bosques verdes del valle del río Edo desde el paraje de A Ruxidoira, camino de Castro Caldelas
PR-G 237 - Vistas de Castro Caldelas y su castillo, con el bosque otoñal a sus pies
INICIO RUTA   TRÍPTICO RUTA

PR-G 237

Sendeiro do Miradoiro de Matacás

Concello de Castro Caldelas

Ruta homologada no ano 2020

Track en formato GPX

Promotor da ruta: Concello Castro Caldelas

Deseño do trazado: Manuel Rolán Díaz

Deseño web: Bilurico Medio Ambiente

  • Concello Castro Caldelas
  • Concello Castro Caldelas
  • Los Pueblos Más Bonitos de España
  • Los Pueblos Más Bonitos de España
  • Xunta de Galicia
  • Xunta de Galicia
  • Marca Galicia
  • Marca Galicia
  • Federación Galega de Montañismo
  • Federación Galega de Montañismo