IX Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do   S. Sebastián, comeza arredor das 19:00h, entre o “lusco e fusco” coa caída do sol e prolóngase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia.

A venda de Tickets para a degustación de chourizos, viño e aguardente da Ribeira Sacra estarán a disposición de todos/as os/as asistentes no baixo do Concello a partires das 18:00H.

Ademáis, ese mesmo día pola mañá terá lugar o IX Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, en memoria dos Trabazos de Castro Caldelas a partires das 11:30H, na praza do Prado.

2019-01-15T09:30:46+00:00