Punto de Información Catastral

Os puntos de información catastral son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro en distintas Organizacións Públicas e Institucións, fundamentalmente nos Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral.

Nos Puntos de Información Catastral vostede poderá obter os seguintes servizos:

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
  • Servizo de consulta e descarga de notificacións electrónicas nos procedimentos catastrais.
  • Envío de documentación á Xerencia para a correción de erros.
  • Envío á Xerencia de solicitudes de cambios de titularidade, altas de propiedades, etc.

 

Punto de xestión catastral:

  • O último día hábil de cada mes, en horario de mañá está aberto un  servizo de atención para xestión catastral nas oficinas do Concello.

Enlace Sede Electrónica Catastro

Información relativa as parcelas agrícolas: Visor SIX PAC

Compartir
guia ribeira sacra