Benvida á nosa web

A administración Caldelá adaptase ás novas tecnoloxías coa posta en marcha dunha nova páxina web destinada a satisfacer as ansias de coñecemento dos cidadáns e ademais, como complemento dos servizos cara aos usuarios.

O novo portal municipal supón unha nova oferta a través da cal os cidadáns poderán acceder aos servizos prestados dende o consistorio, coa posta en marcha da administración electrónica dentro do programa de Concellos Dixitais.
Castro Caldelas.es forma parte do modelo global de atención ao cidadán prestado polo Concello, como complemento a atención presencial e telefónica das Oficinas de Atención ao Cidadán. Instrumentos que, en tódolos casos, serven a un único propósito: establecer unha relación máis fluída e directa entre o Concello e as persoas.

Animamos a tódolos Navegantes da Rede que nos trasladen as súas suxestións e ideas, a comunicarnos os erros e a poder coñecer todas as posibilidades que presenta unha vila con historia e que intenta non perder o tren da modernidade
guia ribeira sacra