I CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DOS FACHÓS

BASES

  1. PARTICIPANTES E NÚMERO DE FOTOGRAFÍAS

Poden concorrer a este certame fotográfico todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos se axusten as bases do mesmo.

As fotografías haberán de ser obrigatoriamente presentadas polos autores. Cada participante poderá presentar un máximo de 4 fotografías en cada modalidade.

A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio se nalgún momento posterior á concesión detectase un incumprimento das bases, así como a rexeitar previamente a concurso as fotos que incumpran o estipulado nas bases.

Os participantes responsabilizaranse, así mesmo, de que non existan dereitos de terceiras persoas sobre as imaxes, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre elas no que se refire a dereitos de imaxe.

  1. TEMÁTICA
  1. A) Modalidade «FESTA DOS FACHÓS»: Abarca todo o relacionado con esta festa dende os preparativos ata a propia celebración.

 

  1. B) Modalidade «VISIÓNS DE CASTRO CALDELAS»: Abarca todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc. que conforman o Concello de Castro Caldelas, quedando só limitada ao territorio deste Concello.

 

  1. CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFIAS.
  • As obras serán INÉDITAS (non publicadas e dadas a coñecer ao público) e non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso.
  • As imaxes deberán ser obtidas mediante calquera técnica, branco e negro ou cor, con cámaras dixitais ou analóxicas, non admitíndose a manipulación dixital das mesmas.
  • As fotografías deberán ser propiedade do autor que as presente ao certame.
  1. PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS

As fotografías presentaranse en formato .JPG, .PNG, GIF, BMP, .RAW ou TIFF no correo electrónico concurso.concellocastrocaldelas@gmail.com

As fotografía deberán ir correctamente identificadas co seu título, o tema a que pertence e o número de fotografía, en caso de presentar varias,  e o asunto do correo será ó pseudónimo do autor. O correo electrónico non poderá identificar ao autor da fotografía.

Ao mesmo tempo o autor deberá enviar en sobre pechado identificado co pseudónimo, os seguintes datos:

  • Título da obras.
  • Número da fotografía e modalidade na que participa.
  • Nome e apelidos do autor.
  • DNI do participante.
  • Domicilio e teléfono de contacto.
  • Correo electrónico do participante.
  • No caso de que a modalidade sexa á de «Visións de Castro Caldelas», identificar a zona na que foi tomada.

O nome do autor ou autora só aparecerá no interior do sobre.

  1. ENVÍO

Os sobres pechados coa información do participante enviaranse á:

I Concurso Fotográfico «FESTA DOS FACHÓS”

Concello de Castro Caldelas

Rúa do Concello nº1

32760 Castro Caldelas. Ourense

O Concello non se responsabiliza dos danos ou extravíos.

  1. DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN

A data límite de presentación de traballos será:

  • Para a modalidade FESTA DOS FACHÓS: o día 28 de febreiro de 2020.
  • Para a modalidade VISIÓNS DE CASTRO CALDELAS: o día 6 de novembro de 2020.
  1. XURADO, FALLO E ENTREGA DE PREMIOS

A participación neste Concurso supón a total aceptación das presentes bases.

O xurado elixido polo Concello e composto polo caldelao Pablo López Prol, arquitecto e debuxante; a caldelá Lucia Rodríguez, presentadora de televisión e o concelleiro de cultura Antonio Pérez Blanco. Fará pública a súa decisión e a data de entrega de premio individualmente ás persoas premiadas, na páxina web do concello e nas redes sociais.

O xurado elixirá entre todas as fotografías presentadas dez finalistas en cada modalidade entre os cales se elixirán os premiados.

  1. PREMIOS

Outorgaranse os seguintes premios:

  1. Modalidade “A Festa dos Fachós 2019”

Primeiro premio: 400 €

Segundo premio: 150€

Mención para as finalistas: 30 euros

  1. Modalidade «Visións de Castro Caldelas».

     Primeiro premio: 400 €

Segundo premio: 150€

Mención para as finalistas: 30 euros

  1. PROPIEDADE DAS IMAXES

As obras finalistas no concurso pasarán a formar parte da Colección do Concello.

Dende o 1 de marzo farase unha exposición no Salón Nobre do Castelo.

  1. DEVOLUCIÓN DE TRABALLOS

As obras non premiadas serán borradas da base de datos do concello.

  1. OUTROS

Máis Información e consultas : www.castrocaldelas.es / 988203000 (Ext. 4) / correo.castrocaldelas@fegamp.gal

De conformidade coas normativas afectas de protección de datos persoais, todos os datos subministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade do Concello de Castro Caldelas, coa finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir co recollido especificamente nas presentes bases. O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente.

ORGANIZADO POR  Concello de Castro Caldelas

2020-01-16T10:40:52+00:00enero 15th, 2020|