O día 19 de xaneiro tedes unha cita en Castro Caldelas, na Festa dos Fachós 2020. Como cada ano comeza arredor das 19:30h, entre o “lusco e fusco” coa caída do sol e prolóngase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia.
Despois da procesión a festa continua no Adro da Igrexa con chourizos e Viño da Ribeira Sacra, acompañados da música dos Airiños de Caldelas, da Charanga TDB, da Charanga de Muíños e do grupo de Gaitas Os Trabazos.
Esperámosvos!